Inicio do curso 2016/2017

pizarra-curso-2016-2017Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2016/2017 na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases:

  • Mércores 28 de setembro: frauta, acordeón, piano, saxofón, guitarra, vento metal e danza.
  • Xoves 29 de setembro: clarinete, canto, oboe.
  • Venres 30 de setembro: violín, percusión, gaita, música e movemento.

En todas as materias instrumentais seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:

  • Alumnado 1º curso – 17:30-18:00 h.
  • Alumnado 2º curso – 18:00-18:30 h.
  • Alumnado 3º curso – 18:30-19:00 h.
  • Alumnado 4º curso – 19:00-19:30 h.
  • Alumnado 5º curso – 19:30-20:00 h.
  • Alumnado 6º curso – 20:00-20:30 h.
  • Adultos – 20:00-20:30 h.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical ou teña calquera tipo de dúbida, poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.

As clases comezarán o día 3 de outubro.

Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través desta páxina web ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo

 

Inicio do curso 2016/2017
Compárteo!
Tagged on: