II Curso de Música Tradicional Galega

A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o “II Curso de Música Tradicional Galega”. Será impartido por catro grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión), Davide Salvado (canto e pandeireta) e Javier Feijoó “Xisco” (baile) os días 21 e 22 de xaneiro de 2017 nas instalacións da EMMeD.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto.

Prezos: alumnado da EMMeD 45€; resto de alumnado 50€.

Máis info en acronqueta@gmail.com

II Curso de Música Tradicional Galega
Compárteo!
Tagged on: