Concerto de Santa Cecilia

escolaA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o martes 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Händel até Gershwin. Agrupacións de vento, tecla, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro sábado 17 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos aproximadamente.

Concerto de Santa Cecilia
Compárteo!
Tagged on: