A Banda Municipal de Ribadeo está de aniversario

Tal día como hoxe, pero de 1992, e baixo a batuta de Hernán Naval, a BMR ofrecía o seu primeiro concerto na Igrexa Parroquial de Santa María do Campo. Pasaron 25 anos dun proxecto sen o que xa non se pode explicar a historia musical da vila. Cóntanse por máis dunc ento as mozas e mozos, os homes e mulleres, que pasaron polos seus atrís nun proxecto que, co tempo, se convertiu nalgo máis cá unha banda de música.

A banda convertiuse co tempo nun espazo de lecer compartido, de crecemento educativo e vital que soubo superar movementos ben difíciles e que soubo gozar de viaxes, éxitos e recoñecemento tanto en Galiza coma no conxunto do Estado.

Por moitos anos máis. Parabéns no nome de todas e cada unha das persoas que formamos parte da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.