A EMMeD implata unha aplicación de comunicación

Para comunicarnos coa comunidade educativa dun xeito máis rápido, doado e responsable co medio ambiente, na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo utilizaremos a plataforma TokApp School.
Para iso, convidamos  aos usuarios/as do centro a que descarguen de forma gratuíta a aplicación nos seus teléfonos móbiles ou tabletas.
Destacar que TokApp School é unha aplicación totalmente gratuíta que está dispoñible en Google Play Store, Windows Phone Store e App Store, onde teñen que descargala e rexistrarse. É esencial, polo tanto, confirmar co centro o número de teléfono móbil ou o enderezo electrónico ao que desexan que lles chegue a información.

A partir dese momento xa estaremos en contacto a través desta aplicación.

Así mesmo, tamén poden obter información de como descargar a aplicación e darse de alta na ligazón https://www.tokapp.com/tokappschool/faq ou chamando ao teléfono 917 372 901.

No caso de non ter teléfono con conexión de datos, utilizaremos o correo electrónico para comunicarnos con vostedes.