A EMMeD de Ribadeo organiza audicións para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 31 de marzo e 9 de abril, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do venres 31 de marzo,de danza, que será no Auditorio e a do martes 4 de abril, de vento metal, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.

  • Venres 31 de marzo – Danza clásica e moderna (Auditorio)
  • Luns 3 de abril – Frauta e oboe (Escola)
  • Martes 4 de abril – Vento metal (Cine-Teatro)
  • Mércores 5 de abril – Acordeón e Corda (Escola)
  • Venres 7 de abril – Percusión (Escola)

No mes de maio haberá outra serie de audicións co resto de especialidades que se imparten no centro.