A EMMeD participará na “VI Semana da Danza de Lugo”

Un grupo de alumnas de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no “Encontro de Centros de Danza” que terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril na capital lucense, dentro dos actos da “VI Semana da Danza”, coa participación de diversos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia, Asturias e Castela e León.

Durante a xornada matutina recibirán clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do contemporáneo, e mesmo a profesora de danza e da EMMeD, María Justo, impartirá clases de danza contemporánea ao alumnado doutros centros.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas no Auditorio Gustavo Freire, o grupo de danza da EMMeD subirá ás táboas, xunto cos demais centros convidados, no que será o peche desta xornada de confraternidade.

A EMMeD participará na “VI Semana da Danza de Lugo”
Compárteo!
Tagged on: