Concerto de piano na Praza de Abastos

O vindeiro sábado 27 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos, terá lugar un concerto a cargo de alumnado de piano da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo.

Esta actuación realízase co gallo do “Día do mercado” e dentro da campaña internacional “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas e cidades.

As alumnas e alumnos farán un percorrido polas obras de compositores como Beethoven, Kuhlau, Albéniz ou Yiruma.

A entrada será libre.

Concerto de piano na Praza de Abastos
Compárteo!
Tagged on: