Barra de ballet no Quiosco

O venres 30 de xuño ás 18:30 horas terá lugar a actuación que baixará o telón de actividades da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo do curso escolar 2016/2017. Nesta ocasión será alumnado de danza clásica e moderna o que realizará unha pequena actuación no Quiosco da Música, situado no Parque de San Francisco, dentro da programción da Feira do Libro que  se celebra os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo.