Conmemoración de Santa Cecilia na EMMeD

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores 22 de novembro, ás 20:00 horas nas propias instalacións do centro, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Mozart até Jeff Buckley. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro sábado 16 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos.

Conmemoración de Santa Cecilia na EMMeD
Compárteo!
Tagged on: