Nova quenda de audicións da EMMeD

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 23 e 26 de abril, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes 24, de música tradicional, que será no Teatro.

A entrada ás mesmas é gratuíta.

  • Luns 23 de abril – Guitarra (Escola).
  • Martes 24 de abril – Música Tradicional (Teatro).
  • Mércores 25 de abril – Clarinete e Saxofón (Escola).
  • Xoves 26 de abril – Vento Metal (Escola).

 

Nova quenda de audicións da EMMeD
Compárteo!
Tagged on: