O Grupo Tradicional Marbadás actuará en Ponferrada (León) na “Gandaina Urbana”

O Grupo Tradicional Marbadás pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, formado por preto de trinta persoas, actuará este vindeiro sábado 19 de maio na localidade berciana de Ponferrada. Esta agrupación, de recente creación, participará na “Gandaina Urbana” organizada a Asociación Cultural Abelladeira. Ao longo da mañá desfilarán polas rúas do casco antigo de Ponferrada e xa na tarde actuarán na Praza do Concello xunto á Banda de Gaitas anfitrioa.

Unha vez rematada esta parte do evento, dará comezo o “Baile do Candil” no que diferentes agrupacións realizarán pequenas intervencións para amenizar o baile. Nesta ocasión o tamén grupo ribadense Illa Pancha será o encargado de representar á nosa vila.