Matrícula curso 2018/2019

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar. Será entre o 2 e o 13 de xullo, ambos inclusive, de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00 horas no propio centro.

Para formalizala só hai que cumprimentar os impresos que facilitaremos no propio centro .

As prazas son limitadas, escpecialmente en materias cunha alta ocupación. A oferta de prazas nas materias con maior demanda será de:

  • Percusión: 1
  • Piano: 4

As persoas que non obteñan praza quedarán nunha lista de agarda para cubrir posibles baixas ao longo do curso escolar.

A aceptación das matrículas farase por rigurosa orde de entrada no rexistro do centro.