Inicio do curso 2018/2019

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2018/2019 na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo. Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases individuais:

  • Luns 24 de setembro: vento metal, piano, canto, frauta, clarinete, guitarra, violín, percusión, acordeón.
  • Martes 25 de setembro: gaita, oboe.
  • Mércores 26 de setembro: saxofón.

En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:

  • Alumnado 1º curso – 17:30-18:00 h.
  • Alumnado 2º curso – 18:00-18:30 h.
  • Alumnado 3º curso – 18:30-19:00 h.
  • Alumnado 4º curso – 19:00-19:30 h.
  • Alumnado 5º curso – 19:30-20:00 h.
  • Alumnado 6º curso – 20:00-20:30 h.
  • Adultos – 20:00-20:30 h.

Será obrigatoria a presenza dun adulto por cada alumno/a menor para a escolla dos horarios.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical ou música e movemento, ou teña calquera tipo de dúbida poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días. O alumnado que solicitara algún “obradoiro instrumental” será contactado polo profesorado correspondente ao longo desa semana.

As clases comezarán o día 1 de outubro.

Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través desta páxina web ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo

Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School,  que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.

Inicio do curso 2018/2019
Compárteo!
Tagged on: