A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra Santa Cecilia

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores 21 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos, sendo esta a primeira actividade que realiza dentro dos actos do 25 aniversario do centro.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Bach até Billy Joel. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro sábado 22 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos.

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra Santa Cecilia
Compárteo!
Tagged on: