Recollida de produtos de Nadal

Un ano máis desde a EMMeD, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, repetiremos a campaña de recollida de produtos típicos de Nadal para repartir entre as familias con escasos recursos da vila e das parroquias.

Poderanse entregar entre os días 11 e 18 de decembro na dirección do centro.

É importante que cada quen, na medida das súas posibilidades, faga unha pequena achega a esta iniciativa.

Recollida de produtos de Nadal
Compárteo!
Tagged on: