Concerto de percusión para toda a familia

Concerto de percusión para toda a familia dentro do programa APEGO no Auditorio Hernán Naval o domingo 10 de febreiro ás 17:30 horas.

Catro prestixiosos músicos frente a un gran conflicto: 16 baquetas,unha marimba e cuatro músicos dispostos a facela soar do xeitomáis orixinal e sorprendente.
Píscore traen a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do espectador/a.
Este espectáculo, en apenas un ano, percorreu algunhas das programacións e escenarios máis destacados da Península. Ademais do éxito de público e crítica, mereceu o Premio do Público no Festiclown Vilagarcía 2017.

PREZO DA ENTRADA: 3 EUROS (de balde para menores de 2 anos)