Entroido na EMMeD

Un ano máis a EMMeD participou nas actividades de Entroido celebradas na vila. O venres 1 de marzo un pequeno grupo achegouse ao CEIP Gregorio Sanz para animar a festa que o centro celebraba polas rúas da vila.

O sábado 2 de marzo, de novo saiu ás rúas de Ribadeo un grupo da EMMeD, acompañando á carroza da Comisión de Entroido, que desfilou pola vila antes do comezo da Gala celebrada no Teatro.

E como xa é tradicional, o martes de Entroido participou no desfile cunha charanga formada por 100 persoas aproximadamente.

Aquí vos deixamos algunhas fotos recollidos das redes sociais e dos medios. Graciñas a todas e todos.

Entroido na EMMeD
Compárteo!
Tagged on: