Audicións

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de marzo ás 20:00 horas na propia Escola. A entrada ás mesmas é gratuíta.

  • Luns 18 de marzo – Canto.
  • Mércores 20 de marzo – Acordeón e Corda.
  • Xoves 21 de marzo – Vento metal.

O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que o obxectivo destas actuacións é “que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.

As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. Proba delo é que durante o mes de abril haberá outra serie de audicións co resto de especialidades que se imparten no centro.

Audicións
Compárteo!
Tagged on: