Candorka Trío en concerto

O vindeiro sábado 20 de abril ás 20:30 horas no Teatro tedes a oportunidade de asistir ao concerto de Candorka Trío (do que forma parte Brais Monxardín, profesor de gaita do noso centro).

Presentarán o seu disco “Fonsagrada”, traballo que rescata melodías de A Fonsagrada e composicións propias, dándolle unha visión persoal e chea de matices nos 11 temas que conforman unha viaxe de coidados arranxos e produción a cargo destes grandes músicos.

Entrada: 4 €