A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o Día da Danza

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o venres 26 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o Día Internacional da Danza.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola das diferentes especialidades de danza, dando forma ao programa desta actuación, aberta ao público e gratuíta.

Así mesmo, o grupo de danza da EMMeD foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no “Encontro de Centros de Danza” que terá lugar o vindeiro martes 30 de abril na capital lucense, dentro dos actos da “Semana da Danza”, coa participación de diversos centros de ensino de danza clásica e contemporánea de Galicia. Será ás 20:00 horas no Auditorio Gustavo Freire.

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o Día da Danza
Compárteo!
Tagged on: