O Grupo Tradicional Marbadás actuará en A Pontenova

O Grupo Tradicional Marbadás pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e formado por preto de trinta persoas, actuará este vindeiro sábado 27 de abril en A Pontenova. A agrupación participará no “II Enconctro de Música e Baile Tradicional” organizada a Asociación Eco das Minas. Compartirán escenario con “Airiños de Orbazai” e “A Chocolateira e Foliadeiros da Ponte”.

Unha vez rematada esta parte do evento, dará comezo a Foliada Aberta na Prazas dos Fornos.