Intensa actividade esta próxima fin de semana da EMMeD

 

 

 

 

O Grupo Tradicional Marbadás pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, formado por preto de trinta persoas, actuará este vindeiro sábado 1 de xuño na “9ª Foliada de Orbazai” (Lugo) que organiza a Asociación Airiños de Orbazai. Participarán xunto aos Grupos Tradicionais Santa Columba Ribadelouro (Tui) e aos anfitrións Airiños de Orbazai.

E o domingo 2 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o alumnado de danza da EMMeD actuará no xa tradicional ”Festival en favor da loita contra o cancro” que a AECC de Ribadeo organiza para recadar fondos para a súa asociación.

Intensa actividade esta próxima fin de semana da EMMeD
Compárteo!
Tagged on: