Musiqueando polas parroquias

Musiqueando polas parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará a vindeira semana a Remourelle, Vilaselán e Rinlo.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar unha primeira quenda de pequenas actuacións polas parroquias do concello, para que as persoas que non residen no casco ribadense e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca.
Nelas farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
Nesta primeira quenda serán 3 as parroquias que contarán con actuacións da EMMeD:


– Remourelle, luns, 24 de xuño, ás 20:00 horas na escola.
– Vilaselán, martes, 25 de xuño, ás 20:00 horas na escola.
– Rinlo, mércores, 26 de xuño, ás 20:00 horas na escola.


García engadiu que “nos vindeiros cursos escolares faremos outras quendas de actuacións nas parroquias restantes”.