Matrícula curso 2019/2020

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar. Será entre o 1 e o 12 de xullo, ambos os dous inclusive, de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00 horas no propio centro.

Para formalizala só hai que cumprimentar os impresos que facilitaremos no propio centro .

As prazas son limitadas, escpecialmente en materias cunha alta ocupación, e incluso nalgunhas xa non hai posibilidade de matricularse, agás anotarse na lista de agarda para cubrir posibles baixas.

No caso de que ao remate do prazo de matrícula haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgunha materia, realizarase un sorteo para establecer a orde de acceso.

Matrícula curso 2019/2020
Compárteo!
Tagged on: