EMMeD

Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

A EMMeD de Ribadeo ten uns obxectivos claros dende a súa posta en marcha: fomentar a afición á práctica da música e máis da danza e preparar ás alumnas e alumnos máis dotados e vocacionais para o acceso aos estudos de grao profesional nun Conservatorio. O centro comparte o lema da EMU (European Music School Union) de “Música para todas e todos, todas as músicas” de xeito que fomenta o achegamento á música e á danza clásicas mais tamén ao rock, o jazz, a música tradicional, a danza contemporánea…
Así pois, a oferta académica da EMMeD de Ribadeo inclúe todas as especialidades instrumentais de vento-metal, vento-madeira, corda, percusión, canto, gaita, música e movemento, danza e ballet, piano, acordeón, guitarra e baixo eléctrico así como linguaxe musical.