A Orquestra Filharmónica de Bruxelas ofreceu, en primicia mundial, o primeiro concerto no que os músicos len as partituras na pantalla dunha tableta no canto de facelo sobre papel.
Esta orquestra asegura ser a primeira en cambiar os centos de páxinas que conforman as partituras das obras clásicas que interpretan por un cento de tabletas que permite aos músicos aforrar en espazo e gañar en comodidade.
O primeiro ensaio desta iniciativa tivo lugar na sala de concertos Flagey de Bruxelas, na que a orquestra sorprendeu ao público ao comezo da actuación, lanzando ao aire as súas partituras en papel para despois colocar as súas tabletas sobre os atrís.
Polo momento, a orquestra está en fase de proba deste novo método para ler a música, se ben destaca xa beneficios como o aforro á hora de preparar as partituras en papel.