Músicas Posíbeis 2012

O dúo Fernández e Quintá reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancionero instrumental galego, do propio acordeón diatónico, da gaita, aínda que non faltará algún tema cantado ao estilo dos cegos mendicantes. Tamén interpreta composicións propias baseadas en ritmos tradicionais e temas adaptados doutras culturas europeas.

Será no Cine-Teatro, en Ribadeo. Sábado 17 de novembro ás 21.30 horas.

Prezo da entrada: 3 euros.