O claustro de profesoras e profesores da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo quere agradecer a colaboración e apoio das nais e pais de alumnas e alumnos así como do público en xeral na recadación de alimentos feita polo centro co gallo do Festival de Nadal.
Foron moitas as achegas que se fixeron o que, a bo seguro, contribuirá a que un feixe de persoas que non pasan por un bo momento económico podan desfrutar do mellor xeito posíbel das festas do Nadal.
O agradecemento polas doazóns feitas queremos facelo tamén extensíbel á concellaría de Servizos Sociais por botarnos unha man indispensábel para canalizar cara onde sexa preciso os alimentos que nos fixéstedes chegar.
Asimesmo, aproveitamos a ocasión para ratificar o compromiso da EMMeD de Ribadeo con este tipo de actividades que van máis aló da formación estritamente musical e que pretenden incidir na transmisión de valores positivos nas alumnas e alumnos do centro, caso da solidariedade, a igualdade entre mulleres e homes ou a loita contra a discriminación, sexa esta do tipo que sexa.