A Concellaría de Igualdade organiza diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo, “ Día Internacional das Mulleres”.
Convidámoste a asisitir aos diferentes actos que terán lugar o propio 8 de marzo:
Inauguración das rúas adicadas a mulleres significativas e a datas simbólicas:
§ 19.00h- Inauguración da rúa Manuela Barreiro Pico, a primeira farmaceútica de Ribadeo. A rúa é a que se encontra no Camiño dos galos, da EOI á Autovía.
§ 19.20h- Inauguración da rúa Sor Pilar de León, sita na vía traseira do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
§ 19.40h- Inauguración da rúa Meniñas de Saudade, o primeiro grupo de gaiteras en Galiza e en todo o Estado español. A rúa vai ser a Travesía Vilaselán á Terragrande.
§ 20.00h- Inauguración da Praza 8 de marzo, efeméride que conmemora o Día internacional das Mulleres. Esta praza será a que está detrás do Cine-Teatro.
Na inauguración de todas os espazos adicados ás mulleres contarase cunha actuación da Escola de Música e Danza de Ribadeo e haberá un acto formal para o descubrimento da praca coa presenza do alcade e membros da Corporación Municipal.
A continuación, ás 20.30h terá lugar unha actuación no Teatro a cargo da formación “Irimia Cantareiras”