Festival de Música Cidade de Lugo

mupi corpus peqDo 31 de maio ao 12 de xuño, a cidade de Lugo acollerá este festival que contará con intérpretes como Felicity Lott, Boris Berman, María Espada, Joana Seara, Martín Oro ou o director Ivor Bolton e agrupacións como a orquestra barroca Vespres d’Arnadí, La Tempestad ou a Real Filharmonía de Galicia.

Once concertos configuran un heteroxéneo programa cunhas premisas básicas: a calidade e a variedade. Os recitais líricos e os concertos de música sinfónica e de cámara terán lugar en diferentes espazos da cidade, como o Círculo das Artes, a Capela de Santa María, a Casa do Saber, o Cemiterio de San Froilán, o Auditorio Gustavo Freire ou a Igrexa de Santiago a Nova.

O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo coa colaboración da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Máis info en www.filarmonicadelugo.com