A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2012/13. Faráo de xeito oficial este sábado, a partir das 18:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está adicado ás bandas sonoras dun feixe de películas que, a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente.
Desta volta a temática escollida é a cinematográfica. As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do auditorio municipal Hernán Naval interpretarán música das bandas sonoras de filmes como El Rey León, La Sirenita, Chicago, Indiana Jones, etc.
Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concebido para que o disfruten non són no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados, nas presentación…
Antes de pechar o mes de xullo, a EMMeD de Ribadeo celebrará unha xornada de portas abertas na que o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena case práctica. Será os días 26 e 27 de xuño entre as 16:00 e as 20:00.