Día de Rosalía en Ribadeo

1454687_546626742099568_633805262_nImpulsado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) estase no camiño de institucionalizar o 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. A Asociación convida concellos, centros de ensino, asociacións culturais a facer da data do nacemento da escritora un fito cultural anual que reivindique a calidade, modernidade e simbolismo que para a cultura galega ten a escritora de Padrón.

Este ano o Concello de Ribadeo presenta Os ollos que falan , un traballo de grande calidade musical a cargo do sexteto TEMPO CATRO no que se musican cantares.

Os integrantes da formación son:

Suso Iglesias, acordeón
Andrés Pazos, piano
Antonio Romero, contrabaixo
Pablo Salgueiro, instrumentos de percusión
Javi Cedrón, violín
Begoña Lorenzo, voz

Este concerto terá lugar este domingo 23 de febreiro ás 19.00 h no Teatro de Ribadeo e a entrada terá un prezo único de 2 €.