Nos últimos días a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo participou en dous eventos de importancia na vila:o primeiro foi a inauguración do Pavillón Municipal de Deportes na que colaboraron dúas agrupacións distintas, interpretando o Himno Galego e posteriormente We are the Champions.
Xa o martes de Entroido a numerosa charanga da EMMeD participou, como en anos anteriores, no tradicional desfile polas rúas de Ribadeo.