A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 25 e 26 de xuño unhas “xornadas de portas abertas”. En horario de 16.00 a 20.00 horas o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2007.
– Práctica instrumental: nados a partires do 2006, incluíndo adultos.
– Danza/ballet: nados desde 2010 en diante, incluíndo adultos.
VÉN e PROBA!!! Aproveita esta oportunidade para facelo de balde nestas xornadas.
Inscricións no propio centro, entre as 16.00 e 20.00 horas, ata o venres 20 de xuño.