Músicas Posíbeis. Esperanza Iglesias e Aurelio Chao

Ribadeo-1-page-001A soprano Esperanza Iglesias Méndez e o pianista Aurelio Chao Fernández, ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Hernán Naval, no que interpretarán coñecidas pezas da música galega e cancións sobre poemas de Rosalía de Castro.

O vindeiro martes día 11 de novembro, ás 19.30 horas, e baixo o título de “Que bela te deu Deus. Balada Galega”, estes dous músicos interpretarán pezas como Negra Sombra, Lonxe da Terriña, ou Unha Noite na Eira do Trigo.

Despois de varios anos de brillante carreira profesional, tanto en solitario como integrando diversas agrupacións musicais, Esperanza Iglesias e Aurelio Chao forman un dúo no ano 2013. Xuntos están recuperando obras de compositores lucenses como Xoán Montes, Moreno Fuentes, ou Jesús Bal y Gay, entre outros.

O concerto Balada Galega é unha iniciativa da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e que conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo.

Martes 11 novembro, 19.30 horas.

Auditorio Municipal Hernán Naval.

Entrada de balde.