Oh Trío presenta en Ribadeo o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do “Cancionero Gallego” de E. Martínez Torner e J. Bal y Gay.
Despois dun traballo de selección entre os centenares de melodías que ofrece “Cancionero Gallego”, o trío propón unha recreación de melodías galegas dende o prisma do jazz e da improvisación.
Germán Díaz, zanfona, caixa de música programable e serra musical.
Antonio Bravo, guitarra acústica.
Diego Martín, bendhir e batería.
Será o venres 30 de xaneiro a partir das 21.00 horas no Teatro de Ribadeo.
O prezo da entrada é de 3 euros e poderanse adquirir na billeteira o propio día.