A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2014/15. Faráo de xeito oficial este sábado 20 de xuño, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está adicado ás bandas de rock que, a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente.
As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval interpretarán música de grupos como Europe, Deep Purple, ACDC, Queen, etc.
Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concebido para que o disfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados, nas presentacións…
Antes de pechar o mes de xullo, a EMMeD de Ribadeo celebrará tamén “xornadas de portas abertas” na que o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica. Serán os días 22 e 23 de xuño entre as 16:00 e as 20:00 horas.