La Xácara presenta “Folías galegas”, onde percorren de xeito sumario o panorama da canción na Europa do Seicento. Aparecen nel pezas de diversas nacionalidades, destacando as de orixe italiano e español: cancións para o teatro, arias acompañadas e números de ópera conforman unha visión musical bastante representativa do momento no ámbito da música vocal escénica. Xunto a estas cancións e arias aparece algún exemplo de música instrumental como a chacona ou a folía.
Julia Cea Cabanelas – canto
Víctor Illán Rodríguez – guitarra barroca
Ramón Pérez-Sindín Blanco – clavecín
Pablo Ruibal Armesto -viola da gamba
25 de marzo ás 20:30 horas no Cine-Teatro
Entrada 3 €