Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2017/2018 na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo. Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases individuais:
- Luns 25 de setembro: vento metal, piano, canto, frauta, clarinete, guitarra.
- Martes 26 de setembro: gaita, oboe.
- Mércores 27 de setembro: acordeón, percusión, violín.
O alumnado de saxofón deberá agardar a que o profesor se poña en contacto con eles.
En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:
- Alumnado 1º curso – 17:30-18:00 h.
- Alumnado 2º curso – 18:00-18:30 h.
- Alumnado 3º curso – 18:30-19:00 h.
- Alumnado 4º curso – 19:00-19:30 h.
- Alumnado 5º curso – 19:30-20:00 h.
- Alumnado 6º curso – 20:00-20:30 h.
- Adultos – 20:00-20:30 h.
Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical ou música e movemento, ou teña calquera tipo de dúbida poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.
As clases comezarán o día 2 de outubro.
Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través desta páxina web ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo
Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.