O Teatro de Ribadeo acolle este xoves, 1 de febreiro, un concerto de carácter benéfico a cargo do grupo Aquí Uganda. A recaudación irá destinada á ONG Música para salvar vidas. Sobre o escenario haberá un coro, danzas tribais africanas, percusión ruandesa…
“Unha explosiva mestura de voces, ritmos e danzas tribais”, así o definen eles mesmos.
O obxectivo desta iniciativa musical e solidaria é financiar un proxecto humanitario sólido que leva anos axudando á mocidade de Uganda a encontrar un futuro no seu propio país.
Xoves 1 de febreiro
20:00 horas.
Teatro de Ribadeo
Entrada anticipada (Ticketea): 7 €
Entrada en billeteira: 10 €