A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o mércores 26 de xuño, unha “xornada de portas abertas”, en horario de 17:00 a 19:00 horas. O profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2015 e 2012.
– Danza: desde os 4 anos (ano 2015) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2011) en diante.
Aproveita esta oportunidade para probar de balde!