Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2019/2020. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración.
Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases individuais:
- Luns 23 de setembro: piano, clarinete, guitarra, percusión, vento metal, violín, violonchelo, gaita.
- Martes 24 de setembro: oboe, acordeón.
- Mércores 25 de setembro: canto, saxofón, frauta.
En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:
- Alumnado de 1º curso – 17:30-18:00 h.
- Alumnado de 2º curso – 18:00-18:30 h.
- Alumnado de 3º curso – 18:30-19:00 h.
- Alumnado de 4º curso – 19:00-19:30 h.
- Alumnado de 5º curso – 19:30-20:00 h.
- Alumnado de 6º curso – 20:00-20:30 h.
- Adultos – 20:00-20:30 h.
Será obrigatoria a presenza dun adulto por cada alumno/a menor para a escolla dos horarios.
Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical ou música e movemento, ou teña calquera tipo de dúbida poderá falar co profesor/a correspondente durante eses días.
O alumnado que solicitara algún “obradoiro instrumental” será contactado polo profesorado correspondente ao longo desa semana.
As clases comezarán o día 30 de setembro.
Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo
Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.