A Consellería de Educación suspende as clases

Estimadas familias,

como vén de informar a Consellería de Educación, péchanse os centros educativos de todos os niveis durante 14 días como medida para loitar contra a propagación do coronavirus. Isto inclúe ao noso centro, polo que informamos do seguinte:

Suspendemos as clases e todas as actividades previstas a partir do luns 16 de marzo durante 14 días. O venres 13 e sábado 14 de marzo, aínda que se recomenda a non asistencia, o centro permanecerá aberto no horario habitual para facilitar a organización e conciliación das familias.

O centro seguirá atento ás indicacións da Consellería e das Autoridades Sanitarias para mantervos informados de cada decisión que se tome.

Empregaremos Tokapp, páxina web e RRSS para aportar toda aquela información que sexa relevante.

Reiterar que se deben seguir as recomendacións de prevención que aconsella a Consellería.

A Consellería de Educación suspende as clases
Compárteo!
Tagged on: