O vindeiro luns 22 de xuño ábrese o prazo para a renovación das matrículas do alumnado da EMMeD para o curso escolar 2020/2021.
Tras este remate de curso “a distancia”, dado que a Consellería de Educación non autorizou a apertura deste tipo de centros, xa se está a traballar na organización do próximo curso e na adaptación das instalación para adecuarse á nova normalidade.
Este ano, como novidade e para garantir a seguridade de todas as persoas, a matrícula realizarase de xeito telemático, inclusive o pago das taxas. Así as persoas usuarias deste servizo non terán que desprazarse até o centro, como viña sendo habitual.
A renovación destas matrículas poderase facer dende o 22 de xuño até o 22 de xullo, ambos inclusive.
Para o novo alumando o trámite realizarase no mes de setembro.
Desde a dirección da escola, queremos agradecer enormemente o traballo feito polo técnico informático do concello, que axeitou os medios técnicos nun corto espazo de tempo para poder levar a cabo este trámite de xeito telemático.