Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2020/2021. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración.
Este ano, debido á situación sanitaria actual a marcación dos horarios das clases individuais será diferente, xa que non teredes que vir ao centro, será o profesorado o que contacte con vós por teléfono os días e horas que a continuación se indican:
- Luns 21 de setembro: piano, clarinete, guitarra e oboe/fagot.
- Martes 22 de setembro: vento metal, violín/violonchelo, percusión e gaita.
- Mércores 23 de setembro: canto, saxofón, frauta e acordeón.
- Alumnado de 1º curso entre as 17:30 e 18:00 h.
- Alumnado de 2º curso entre as 18:00 e 18:30 h.
- Alumnado de 3º curso entre as 18:30 e 19:00 h.
- Alumnado de 4º curso entre as 19:00 e 19:30 h.
- Alumnado de 5º curso entre as 19:30 e 20:00 h.
- Alumnado de 6º curso entre as 20:00 e 20:30 h.
- Adultos entre as 20:00 e 20:30 h.
O criterio para a marcación das clases dentro das franxas horarias de cada curso determinarase por orde alfabética (primeiro apelido), facendo previamente un sorteo para fixar a letra pola que se comezará.
As clases iniciaranse o luns 28 de setembro.
Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo
Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.