Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2021/2022. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración.
Este ano, debido á situación sanitaria actual a marcación dos horarios das clases individuais será diferente, xa que non teredes que vir ao centro, será o profesorado o que contacte con vós por teléfono os días e horas que a continuación se indican:
- Luns 20 de setembro: piano, guitarra/ukelele, violín/violonchelo, vento metal.
- Martes 21 de setembro: clarinete, percusión, gaita, oboe/fagot.
- Mércores 23 de setembro: canto, acordeón, frauta, saxofón.
- Alumnado de 1º curso entre as 17:30 e 18:00 h.
- Alumnado de 2º curso entre as 18:00 e 18:30 h.
- Alumnado de 3º curso entre as 18:30 e 19:00 h.
- Alumnado de 4º curso entre as 19:00 e 19:30 h.
- Alumnado de 5º curso entre as 19:30 e 20:00 h.
- Alumnado de 6º curso entre as 20:00 e 20:30 h.
- Adultos entre as 20:00 e 20:30 h.
O criterio para a marcación das clases dentro das franxas horarias de cada curso determinarase por orde alfabética (primeiro apelido), facendo previamente un sorteo para fixar a letra pola que se comezará.
As clases iniciaranse o luns 27 de setembro.
Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo
Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.