Inicio curso 2024/2025

Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2024/2025. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración. 

Para maior comodidade, adiantamos os días e horarios que se seguirán para a asignación de clases individuais de instrumento:

–       Mércores 4 de setembro: clarinete, piano, saxofón, acordeón, frauta, guitarra, ukelele, vento metal e gaita

–       Xoves 5 de setembro: violín, viola, violonchelo, percusión, canto, oboe

 

En todas as materias seguirase o seguinte sistema para a elección do horario das clases individuais, segundo o día que anteriormente se indicou para cada especialidade:

–       Alumnado de 1º curso – 17:30-18:00 h.

–       Alumnado de 2º curso – 18:00-18:30 h.

–       Alumnado de 3º curso – 18:30-19:00 h.

–       Alumnado de 4º curso – 19:00-19:30 h.

–       Alumnado de 5º curso – 19:30-20:00 h.

–       Alumnado de 6º curso – 20:00-20:30 h.

–       Adultos – 20:00-20:30 h.

* Dentro de cada franxa horaria a orde establecerase segundo a chegada das persoas usuarias. O alumnado maior de 14 anos é considerado “adulto” á hora de elección de horarios.

Será obrigatoria a presenza dun adulto por cada alumno/a menor para a escolla dos horarios.

Así mesmo, o alumnado de danza recibirá información a través da plataforma Tokapp indicando día e hora das reunións que se farán en cada grupo.

O alumnado que solicitara algún “obradoiro instrumental” será contactado polo profesorado correspondente ao longo da vindeira semana.

As clases comezarán o mércores 11 de setembro, agás “danza” que iniciará as clases o xoves 12.

Se queredes seguir toda a información relacionada co centro poderedes facelo a través da páxina web https://escolademusicaedanza.ribadeo.org ou do facebook https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo

Lembrade tamén, que o medio de comunicación oficial do centro é a aplicación Tokapp School, que recomendamos descarguedes gratuitamente nos vosos teléfonos móbiles.