O grupo de danza participa no Encontro de Centros de Danza en Lugo

O grupo de danza da EMMeD de Ribadeo participará este sábado 25 de abril no Encontro de Centros de Danza en Lugo, tras ser convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Unha xornada de formación e convivencia na que o alumnado asistirá a clases con profesionais e rematará cunha actuación no Auditorio Gustavo Freire.

Unha oportunidade para seguir aprendendo, compartir e levar o talento de Ribadeo a outros escenarios.