O mércores, 17 de xuño, ás 18:30 horas, alumnado de Danza Clásica da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) ofrecerá unha actuación no Quiosco do Parque de San Francisco.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade.
A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.